Só por streaming
A competitividade non chega unicamente pola incorporación de ferramentas e solución dixitais. É necesario afrontar este proceso dende unha perspectiva integral, de análise profunda da man dun socio que entenda, comparta e afronte as inquedanzas da organización. A innovación parte do coñecemento da propia empresa. A xestión documental transforma os procesos, mantendo a esencia do negocio. Produtividade e eficiencia o seu alcance.
PROGRAMA:
- Transformación dixital real
- Presentación Macrocopia Tecnoloxía
- Transformación dixital. Contexto e introdución o xestor documental
- Cal é o estado actual da noso tecido empresarial? ¿En que punto estamos?
- Persoas. Transformación.
- Cal é o reto na actualidade
- Cal é a solución
- Xestión documental nos procesos empresariais
- ¿Por que un socio/partner galego?
- Demostración en directo da solución
- Beneficios da solución
- ¿Como aporta o meu negocio? ¿Que aporta o meu negocio? ¿Que obteño?
- Preguntas
IMPARTE:
Macrocopia Tecnoloxía
Macrocopia Tecnoloxía responde o reto común da dixitalización. O avance é imparable e abordar o desafío acompañando ás pemes galegas é o noso obxectivo. Co foco nas persoas e nos resultados do negocio. Sentados na mesma mesa, sendo un máis da compañía.
Abordamos proxectos de transformación dixital real partindo dun compromiso claro: a implicación e dedicación dun esixente equipo de especialistas.
Alejandro Graña
Responsable de desenvolvemento de negocio e consultor na empresa Macrocopia Tecnoloxía. Enxeñeiro en Deseño Industrial con máis de 10 anos de experiencia en asesoramento orientado a xeración de eficiencia e competitividade por medio da tecnoloxía.