Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Neste seminario explicarase que é unha licenza de software e quen pode establecela, e trataranse conceptos básicos sobre a propiedade intelectual. Tamén se fará unha introdución ás licenzas específicas para publicacións. Finalmente, verase algún exemplo práctico orientado ao eido empresarial sobre como establecer unha licenza ou que aspectos cómpre ter en conta á hora de escoller un software de terceiros. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Que é unha licenza de software e quen pode establecela
  • As licenzas de software libre
  • Licenzas para documentación e publicacións
  • Como interpretar as licenzas: integrando compoñentes de terceiros

IMPARTE:

Pablo Sanxiao Roca
Enxeñeiro técnico en Informática pola Universidade da Coruña e Mestrado en Software Libre pola Universidade Rey Juan Carlos I. 
Socio fundador de iCarto, empresa especializada en tecnoloxías de información xeográfica open source. Consultor especializado en software libre e colaborador na Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega.
Membro da GNOME Foundation, do capítulo hispano-falante da Fundación OSGeo e do Board do Comité de Dirección Técnica de gvSIG. Socio fundador de Ghandalf, asociación para a difusión do software libre en Galicia.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital