RETRANSMISIÓN POR STREAMING: Si (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)
Os directivos, responsables ou técnicos das empresas TIC adquirirán unha visión práctica sobre a liberación de software. Aprenderán a dar resposta ás principais preguntas ás que se enfronta quen se achega por primeira vez ao software libre: Por que debo liberar o meu software? Como facelo correctamente? Quen me pode axudar? Cando e onde debo liberalo? E o máis importante para unha empresa, podo obter negocio e beneficio co software libre?.
PROGRAMA
- Que é o software libre?
- Free software, software libre, open source, fontes abertas, FLOSS, etc. Un pouco de luz para toda esta terminoloxía.
|
|
- Por que debo liberar e publicar o meu software?
- Motivacións, vantaxes e desvantaxes de liberar o meu produto.
|
- Elección e aplicación dunha licenza para un produto software.
|
- Cando e onde podo liberar o meu software?
|
- Comunidades de software libre. Que son? Como funcionan?
|
- Modelos de negocio ou como gaño cartos con isto do software libre?
|
IMPARTE
Dna. Mar Castro Pereiro
Licenciada en Informática pola Universidade da Coruña.
Máis de oito anos de experiencia en consultoría tecnolóxica en software libre para a Administración pública.
Consultora especializada en software libre en Igalia para a Oficina de Coordinación de Software Libre da AMTEGA.
Co-autora da Guía de liberación de software libre da Xunta de Galicia e da Guía de boas prácticas para a liberación de obras documentais da Xunta de Galicia.
Co-coordinadora do Máster en Software Libre de Igalia-URJC (2012).
Inscricións ata o 07 de outubro de 2014.
Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario
MATERIAIS DA ACTIVIDADE
Video: Gravación do acto. Día 1. Parte 1. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)
Video: Gravación do acto. Día 1. Parte 2. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)
Video: Gravación do acto. Día 2. Parte 1. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)
Video: Gravación do acto. Día 2. Parte 2. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)