Termos e Condicións

Proteción de datos e Privacidade

  • En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que os seus datos persoais serán tratados e quedarán incorporados no ficheiro Actividades dirixidas á cidadanía, responsabilidade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestionar todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais, programas formativos, ou calquera outro proxecto de similares características.
  • Os datos que se lle solicitan resultan necesarios para xestionar a súa participación e asistencia ás actividades organizadas polo CDTIC nas que vai participar, de xeito que de non facilitalos non será posible a súa participación. Neste sentido, vostede consinte expresamente a recollida e tratamento dos datos para xestionar a súa asistencia (control de acceso ás instalacións do CDTIC, control de asistencia, …), para poder realizar estudos estatísticos sobre a participación nestas actividades e para poder informarlle de calquera outra actividade de características similares que se organice no CDTIC.
  • Do mesmo xeito, no caso de que a actividade na que se inscriba como participante estea organizada por  Red.es, autoriza a comunicación dos seus datos de carácter persoal á Red.es co fin de que esta entidade poda xestionar a súa participación nas súas actividades e para mantelo informado de calquera outra actividade de características similares que se organice.
  • No caso de que as actividades sexan organizadas por calquera outra empresa ou entidade, autoriza a comunicación dos seus datos: nome, apelidos, perfil laboral e nome da empresa/organización na que presta os seus servizos co fin de que o desenvolvemento das actividades se realice dun xeito máis acorde en función dos participantes (exemplo: dous mandos intermedios da empresa X, tres comerciais da empresa Y) e para a xeración/produción de materiais acreditativos (exemplo: certificados de asistencia) ou instrumentos para mellorar a interacción entre participantes, e entre estes e os relatores. (exemplo: tarxetas identificativas).
  • Así mesmo, informámoslle de que as actividades poderán ser fotografadas ou gravadas en vídeo e difundidas en calquera dos medios audiovisuais e/ou espazos web xestionados pola Xunta de Galicia e destinados á publicación de contidos multimedia. En consecuencia é posible que a súa imaxe sexa captada, gravada e/ou reproducida de modo accesorio á actividade principal. Naqueles casos nos que vostede participe realizando preguntas ou comentarios, estes poderán ser fotografados ou gravados. Se a actividade se emitise en directo a través de calquera medio a súa mera presenza na sala supón que vostede necesariamente consente na captación, reprodución e/ou emisión. Nos demais casos poderá opoñerse ao uso posterior das súas imaxes indicándoo no momento da súa intervención.
  • Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia como responsable do ficheiro “Actividades dirixidas á cidadanía”, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Centro de Innovación Cultural y Modernización Tecnológica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a lopd@xunta.es.
  • Pregámoslle que no suposto de que se produza algunha modificación nos seus datos de carácter persoal, no lo comunique co fin de manter actualizados os seus datos de carácter persoal.