Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:
LUGAR: Aula CeMIT de Vigo - R/ Oporto nº 1 Vigo
RETRANSMISIÓN POR STREAMING: Si (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)
Joomla é o sistema de xestión de contidos máis popular da web. É empregado tanto por individuos como por pequenas e medianas empresas ou grandes organizacións para crear dun xeito doado e flexible unha gran variedade de webs ou aplicativos web. Ofrece un amplo abano de compoñentes adicionais como son axenda, foros, enquisas, buscador avanzado, sindicación de contidos etc. Entre as súas múltiples extensións destacan varias especialmente deseñadas para integrar no portal unha tenda de comercio electrónico.
PROGRAMA
|
|
|
|
|
IMPARTE
D. Pablo Arias.
Desenvolvedor, asesor e consultor web autónomo especializado en Joomla, así como docente en diversos cursos de deseño web.
Estudos universitarios de Enxeñería Técnica Electrónica, pero, sobre todo, entusiasta do software e hardware de fontes abertas e libres.
Aforo limitado