A obriga do control de horarios: oportunidade para a mellora da produtividade e a calidade do servizo

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

A obriga legal de rexistrar a xornada dos traballadores afecta a todas as empresas independentemente do seu tamaño ou tipo de xornada, sexa no centro de traballo ou en mobilidade, e fagan ou non horas extras. As empresas poden converter esta obriga nunha oportunidade para aumentar a súa produtividade e mellorar a calidade do servizo, tanto pola análise dos datos recollidos, como pola información, que permitirá tomar decisións en tempo real sobre a prestación dos servizos prestados ao seus clientes. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación
  • Relatorio: “A obriga do control de horarios: oportunidade para a mellora da produtividade e a calidade do servizo”
  • Demostración do sistema de fichaxe de CheckJC

ORGANIZA:

Jorge Cebreiros
Socio director de Info JC.
Ademais de empresario, Jorge Cebreiros exerceu como profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo. Realizou programas en Dirección e Xestión de Empresas da UOC, o IESE e a Escola de Negocios Abanca e impartiu múltiples cursos, seminarios e relatorios en materia de innovación, seguridade da información, dirección de empresas e cooperación empresarial.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital