Protexe a túa empresa. Ciberseguridade para pemes e autónomos. Incibe

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Exclusivamente por streaming
                                         

En situacións excepcionais, como a actual crise sanitaria nas que os empregados non poden ou non deben acudir ao centro de traballo, o teletraballo pode ser unha solución.

Permitir o teletraballo sen seguir unhas pautas de seguridade pode ser un risco para a empresa, xa que os ciberdelincuentes poderían acceder á rede da organización e a información que se xestiona, ou os empregados poderían facer uso de ferramentas non permitidas pondo en risco á empresa. Por iso, antes de permitilo hai que asegurarse de cumprir boas prácticas e recomendacións de seguridade.

 

 

 

PROGRAMA:

  • Introducción a INCIBE
  • Servizos de “Protege Tu Empresa”
  • Teletraballo – medidas e boas prácticas
  • Comunicación segura – Plataformas de video/teleconferencias, etc…
  • Protección da Información – Cifrado e intercambio de datos
  • Backup de información – Regla 321
  • Fontes de Información e Glosario de termos básicos de ciberseguridade

IMPARTE:

Instituto Nacional de Ciberseguridad. INCIBE
 
O Instituto Nacional de Ciberseguridad de España (INCIBE), anteriormente Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación, é unha sociedade dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial e consolidada como entidade de referencia para o desenvolvemento da ciberseguridade e da confianza dixital de cidadáns, rede académica e de investigación, profesionais, empresas e especialmente para sectores estratéxicos.
 
Lola Rebollo
 
Enxeñeira Electrónica coa especialidade de Microfabricación por Wilkes University (USA, 1996). Comezou a súa carreira profesional en Harris Semiconductors e máis tarde en Lucent Technologies, formando parte do proxecto PEBB para o Goberno Americano. No 2003 regresa a España onde ostentou distintos cargos de responsabilidade en varias multinacionais, ata que no 2019 funda L’OLA Consulting, empresa dedicada a cubrir postos como Ínterin management en diversas empresas con necesidades puntuais nas áreas de Dirección, Operacións ou Loxística, con foco en procesos de dixitalización e integración de novas tecnoloxías (blockchain, smartcontract, IoT, etc...). Coliderou unha StartUp de blockchain para a xestión e dixitalización de datos da primeira-milla para o sector alimenticio.

Incorpórase a INCIBE en febreiro do 2020 como xerente da área de Apoio á Empresa, Industria, Emprendimiento e I+D+i.
 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
9 + 4 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores