Coñece o 017, o número de axuda en ciberseguridade

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Exclusivamente por streaming
                                         
INCIBE pon a disposición de empresas, cidadáns, pais, menores e educadores unha liña telefónica gratuíta de axuda en ciberseguridade: 017. 
 
Poderán realizarse consultas en horario de 9:00 a 21:00 horas durante todos os días do ano (incluídos sábados, domingos e festivos).
 
Esta actividade enmárcase no contexto do nodo de ciberseguridade CIBER.gal, que é unha estrutura de cooperación que implica ao conxunto de Administracións Públicas do territorio galego nesta materia, e en coordinación coas organizacións de referencia a nivel nacional,  INCIBE e  CCN  para o desenvolvemento de actividades que permitan concienciar e capacitar á cidadanía, ás empresas e ás administracións públicas de Galicia en relación á ciberseguridade co obxectivo de garantir unha contorna dixital segura e afrontar de maneira colaborativa os retos neste eido.
 

 

PROGRAMA:

  • INCIBE
  • Servizos para Empresas
  • Protexe a túa empresa
  • Oficina de Seguridade da Internauta
  • Internet Segura for Kids
  • Axuda en Ciberseguridade

IMPARTE:

Instituto Nacional de Ciberseguridad. INCIBE
 

O Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), é unha sociedade dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, que se constitúe como a entidade de referencia para o desenvolvemento da ciberseguridade e da confianza dixital dos cidadáns, a rede académica e de investigación española (RedIRIS) e as empresas, especialmente para sectores estratéxicos.

 
Luís Hidalgo
 
Licenciado en Dereito e doutor “cum laude” pola Escola de Enxeñarías da Universidade de León. Foi Director de Casas Oficios e Talleres de Emprego do sector TIC dos concellos de León e San Andrés del Rabanedo, localidade tamén situada na provincia leonesa. Tamén foi responsable do Centro de Referencia en Accesibilidade e Estándares Web de INTECO (FUNDACIÓN CTIC) e Coordinador da AEI en Ciberseguridade e Tecnoloxías Avanzadas (Agrupación de Empresas Innovadoras). Actualmente traballa no Departamento de Relacións  Institucionais de INCIBE. Habitual en congresos e seminarios sobre ciberseguridade, impartiu diversos relatorios e publicado diversos artigos en prensa e revista TIC. Posúe certificacións como: Microsoft Certified Systems Engineer (MCSE), Microsoft Certified Trainer (MCT), Microsoft Certified Systems Administrator (MCSA), AENOR S0A (ISMS Auditor). Impartiu clases en Másteres relacionados coa Ciberseguridade, como os da Universidade de León, a Carlos III de Madrid ou a Universidade Oberta de Cataluña.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 7 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores