HOSPITEC: Potencia a túa infraestrutura e servizos hospitalarios

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Hospitec é un proxecto innovador que ten como obxectivo a simplificación e a automatización da xestión de infraestrutura e servizos hospitalarios.
Está baseado en tecnoloxías cloud e aplica as vantaxes das técnicas máis modernas de virtualización (como Docker, Kubernetes, OpenStack, Cloudify etc.) e distribución eficiente de contidos multimedia (streaming h264/h265, SPICE, websockets etc.) para dinamizar o uso da aplicación desde diferentes localizacións e dispositivos.
En definitiva, Hospitec pretende prover a toda a comunidade hospitalaria dun sistema que lle permita acceder aos servizos e facer uso da infraestrutura TI dunha forma sinxela para todos.
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación de aliados tecnolóxicos 
  • Presentación de Hospitec e as súas vantaxes:
    • Instalación desatendida de servidores e autodescubrimento de recursos na rede local
    • Despregamento sinxelo e automatizado de software hospitalario e servizos TI
    • Innovador sistema de xestión da infraestrutura de computación e comunicación baseado en técnicas de hiperconverxencia
    • Interface de xestión centralizada
    • Software hospitalario de entretemento multimedia a dispositivos móbiles
    • Xestión de ciclo de vida de servizos e alta dispoñibilidade
  • Presentación dos resultados e obxectivos acadados ao peche do proxecto
  • Quenda de preguntas

IMPARTE:

Ednon
Ednon é unha empresa TIC con máis de 14 anos de experiencia na integración de coñecementos e servizos avanzados en sistemas, comunicacións e ciberseguridade. A súa misión é propoñer solucións TIC de valor adaptadas ás necesidades dos clientes, con base na especialización do seu persoal e o traballo continuo cos seus aliados fabricantes de tecnoloxía.
 
Quantion
Quantion é unha empresa dedicada, dende os seus inicios, ao desenvolvemento de negocio no ámbito das TIC. A partir de 2010, o seu departamento de I+D desenvolve a solución multimedia de ocio e entretemento, e acceso á historia clínica de pacientes en hospitais. Na actualidade, grazas a este sistema, dispón da concesión administrativa de máis de 6000 camas en todo o territorio nacional.
 
Gradiant
Gradiant é unha fundación privada, sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo o desenvolvemento de novos sistemas de telecomunicacións nos ámbitos da conectividade, intelixencia e seguridade. Destacan, entre as súas competencias, as tecnoloxías DevOps, despregamentos multicloud, big data, IoT, edge e fog computing, transmisión multimedia eficiente e ciberseguridade.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital