Sesións demostradoras individuais
Descrición:
Hospitec é un proxecto innovador que ten como obxectivo a simplificación e a automatización da xestión de infraestruturas e servizos hospitalarios.
Está baseado en tecnoloxías cloud e aplica as vantaxes das técnicas máis modernas de virtualización (como Docker, Kubernetes, Openstack, Cloudify etc.) e distribución eficiente de contidos multimedia (streaming h264/h265, SPICE, websockets etc.) para dinamizar o uso de aplicacións desde diferentes localizacións e dispositivos.
En definitiva, Hospitec pretende prover a toda a comunidade hospitalaria dun sistema que lle permita acceder aos servizos e facer uso da infraestrutura TI dunha forma sinxela para todos
Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.
PROGRAMA:
- Presentación de aliados tecnolóxicos
- Presentación de Hospitec e as súas vantaxes:
- Instalación desatendida de servidores e autodescubrimento de recursos na rede local
- Despregamento sinxelo e automatizado de software hospitalario e servizos TI
- Innovador sistema de xestión da infraestrutura de computación e comunicación baseado en técnicas de hiperconverxencia
- Interface de xestión centralizada
- Posibles aplicacións: Hospitec estase a validar mediante un caso de uso para adaptar diferentes servizos hospitalarios a través dun acceso multidispositivo flexible para o persoal clínico e para os pacientes e os visitantes
- Quenda de preguntas
IMPARTE:
Ednon, Gradiant e Quantion
Ednon é unha empresa de tecnoloxías da información con máis de 12 anos de experiencia na integración de coñecementos e servizos avanzados en sistemas, comunicacións e ciberseguridade. A súa misión é propoñer solucións TIC de valor adaptadas ás necesidades da clientela, con base na especialización do seu persoal e o traballo continuo cos seus aliados fabricantes de tecnoloxía.
Gradiant é unha fundación privada, sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo o desenvolvemento de novos sistemas de telecomunicacións nos ámbitos da conectividade, intelixencia e seguridade. Destacan, entre as súas competencias, as tecnoloxías DevOps, despregamentos multicloud, big data, IoT, edge e fog computing, transmisión multimedia eficiente e ciberseguridade.
Quantion é unha empresa dedicada, dende os seus inicios, ao desenvolvemento de negocio no ámbito das TIC. A partir do 2010, o seu departamento de I+D desenvolve a solución multimedia de ocio e entretemento, e acceso á historia clínica de pacientes en hospitais. Na actualidade, grazas a este sistema, dispón da concesión administrativa de preto 6000 camas en todo o territorio nacional.