Sesión exclusivamente por streaming
O obxectivo da sesión é dar a coñecer aos asistentes ferramentas de software libre para poder traballar en temas relacionados co deseño, a fotografía, o son e o vídeo.
PROGRAMA:
- GIMP
- Darktable
- Inkscape
- Audacity
- Ardour
- VLC
- Shotcut
- Blender
- ffmpeg
IMPARTE:
Jorge Lama, membro do equipo da Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega. Formador especializado en diferentes ferramentas de software libre, fotógrafo, videógrafo e divulgador da cultura libre a través de asociacións como Melisa, Bricolabs e proxectos como Xeración Ñu.