Xestiona o día a día da túa empresa con Facturascripts

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓNCDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
 
O obxectivo desta sesión é presentar FacturaScripts (presente no CDTIC virtual), un programa fácil, de software libre, accesible e potente, que permite levar ao día a contabilidade da empresa sen moito esforzo, xa que xera ao momento todo o necesario para que vostede se centre no seu negocio. Conforme fai as facturas ou  albarás, dá de alta os clientes ou provedores, engade os produtos ao catálogo e xera os asentos contables. No mesmo proceso calcúlanse os prezos de custo ou asígnanse os de venda.Tamén é un excelente programa para facer orzamentos e permite, cun par de clics, convertelos en pedidos, albarás ou facturas, co que aforra tempo de xestión.
 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación práctica dos módulos de FacturaScripts: contabilidade, facturas e presupostos.
  • Explicación do funcionamento básico dos módulos de FacturaScripts.
  • Exposición dun caso de xestión empresarial.
  • Realización dun exercicio práctico.

IMPARTE:

Ítaca software libre
Consultora informática que, apoiándose en sistemas de código aberto e software libre, lles ofrece ás empresas e todo tipo de organizacións servizos de consultoría informática de gran valor engadido.
Forman unha cooperativa desde o ano 2007. Ofrecen consultoría, asesoramento e desenvolvemento de servizos informáticos da cidade de A Coruña.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital