Facturascripts a mellor alternativa para o seu negocio

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓNCDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
 
O obxectivo desta sesión é presentar FacturaScripts, un programa fácil, de software libre, accesible e potente, que permite levar ao día a contabilidade da empresa sen moito esforzo, xa que xera ao momento todo o necesario para que vostede se centre no seu negocio. Conforme fai as facturas ou  albarás, dá de alta os clientes ou provedores, engade os produtos ao catálogo e xera os asentos contables. No mesmo proceso calcúlanse os prezos de custo ou asígnanse os de venda.Tamén é un excelente programa para facer orzamentos e permite, cun par de clics, convertelos en pedidos, albarás ou facturas, co que aforra tempo de xestión.
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación práctica dos módulos de FacturaScripts: contabilidade, facturas e presupostos.
  • Explicación do funcionamento básico dos módulos de FacturaScripts.
  • Exposición dun caso de xestión empresarial.
  • Realización dun exercicio práctico.

IMPARTE:

Ítaca software libre
Consultora informática que, apoiándose en sistemas de código aberto e software libre, lles ofrece ás empresas e todo tipo de organizacións servizos de consultoría informática de gran valor engadido.
Forman unha cooperativa desde o ano 2007. Ofrecen consultoría, asesoramento e desenvolvemento de servizos informáticos da cidade de A Coruña.
 

Agasol
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital