
Dixitalización mediante a xestión documental. Sesión para transformar recursos humanos. Macrocopia
O recurso máis importante das pequenas e medianas empresas é a súa xente. É tamén aquel que máis posibilidades temos de perder, levando con el o talento e coñecemento. O traballador é diferente. As organizacións teñen que xestionalo de modo diferente. Conseguir os obxectivos de negocio depende en gran medida da boa xestión das persoas que alcanzarán esas metas. Dispoñer de toda a documentación arredor dos empregados dun modo ordenado, seguro e accesible é vital. A xestión documental permite optimizar estes procesos de maneira eficiente.