#MesD Multimedia: Edición de vídeo con Adobe Premiere Pro 2019

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Para o correcto seguimento da sesión, recomendámoslle que traia o seu portátil                               

 
AFORO LIMITADO
 
Neste curso imos ver os conceptos básicos da realización e edición de vídeos. Isto axudaranos a ter unha linguaxe audiovisual máis avanzado e a coñecer as ferramentas básicas da posproducción. Estes coñecementos farán que teñades unha mellor comunicación á hora de realizar calquera produción audiovisual con provedores, compañeiros de traballo ou reunións sobre mercadotecnia ou comunicación. Ademais obteredes as habilidades básicas necesarias para realizar un vídeo sinxelo.
 
 

 

PROGRAMA:

  • Presentación
  • Introdución a Adobe Premiere Pro
  • Proxecto
  • Xestión de brutos
  • Edición de vídeo
  • Clips
  • Edición de audio
  • Títulos
  • Ferramenta de cor
  • Exportación, render e formatos

IMPARTE:

César Domínguez Castro 

Formouse en fotografía, iluminación e vídeo en Galicia.

Paralelamente a súa incursión no mundo profesional a través de diferentes medios de comunicación (Televigo 2008, Xornal de Galicia 2008 e  Corporación Voz de Galicia - 2009 - 2017) fiou a súa evolución no mundo da prensa e a televisión con proxectos independentes no mundo do documental.

Traballou en múltiples proxectos en todo o mundo como director, realizador, operador de cámara e técnico de postproducción. Destacando producións é en lugares recónditos como a Antártida, e cinematográficos como Estados Unidos, Mexico , a Patagonia Arxentina ou o Sueste Asiático.

Actualmente traballa no seu propio estudo onde participa en producións televisivas como Galicia 4.0 ou Buscadores de Naufraxios (galardoada pola Academia co premio Maestre Mateo 2018 a mellor programa de televisión). Ademais conta cunha ampla actividade audiovisual corporativa con entidades como INDITEX, HIJOS DE RIVERA ou NAVANTIA entre outros.
 

 

 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
13 + 0 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores