Sesións demostradoras individuais
Descrición:
SESIÓN EXCLUSIVAMENTE EN LIÑA POR STREAMING
O obxectivo da sesión formativa será adquirir coñecementos e ampliar a visión o comercio electrónico.
Ao finalizar a sesión saberás que é, como funciona e como podes conseguir os obxectivos da túa estratexia no relativo ás diferentes plataformas comerciais que podes implantar no teu negocio.
PROGRAMA:
- Presentación de Hacce
- Avaliar a conveniencia de meterse en comercio-e y a qué nivel
- Opcións e ferramentas
- O papel dun provedor-colaborador tecnolóxico
- A importancia doutros aspectos máis aló da “venda”: marketing, imaxe…
IMPARTE:
Hacce
Hacce é unha axencia de interacción dixital en constante crecemento. Dende hai 15 anos dedícase ao desenvolvemento de plataformas dixitais que xeran interacción e estímulo entre marca e usuarios.
Deseñan sitios web, ecommerce, interface e aplicacións orientadas á conversión e á experiencia de usuario para clientes como Estrella Galicia, Abanca, RC Celta, Paco y Lola, Bodegas Ramón Bilbao, Petramora e outras moitas empresas, tanto de ámbito rexional como nacional.