Desenvolver un proxecto de comercio electrónico e a súa integración co ERP

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

O ERP é o sistema de información que xestiona todas as áreas de negocio dunha empresa, unha solución de xestión global que organiza a información, mellora a comunicación entre os traballadores, optimiza procesos, e facilita a toma de decisións. Por iso é vital integrar no mesmo as tendas de comercio electrónico, co fin de levar unha xestión centralizada de todos os aspectos do noso negocio.

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Conceptos básicos: ERP, CRM, CMS, comercio electrónico
  • Tenda física vs tendas en liña. Escaparate tradicional fronte ao catálogo web.
  • Contido de calidade para optimizar o SEO da túa tenda online
  • Dar a coñecer a nosa tenda en liña, o mail marketing.
  • Que é a integración ERP en tendas de comercio electrónico
  • Como sincronizar os datos da túa tenda en liña co teu sistema de comercio electrónico
  • Vantaxes de integrar comercio electrónico e ERP

IMPARTE:

Esquío Enxeñería
 
Esquío Enxeñería é unha empresa que ofrece soluciones TIC especializada en implantación de Sistemas de xestión e en deseño web e márketing dixital. para axudar ás empresas para mellorar a produtividade e promocionar o seu produtos e servizos.

 
Inteco Ingeniería Avanzada 
 
Inteco Ingeniería Avanzada é unha empresa dedicada ao desenvolvemento de ferramentas e solucións de software de xestión para o sector empresarial. Está orientada á realización de programas a medida para o sector industrial das pequenas e medianas empresas que necesitan sistemas de xestión a medida e dispoñen de poucos recursos para contratar o desenvolvemento de software.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital