Dixital-On Ribeira Sacra

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

AMPLIADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O LUNS 5 DE NOVEMBRO!!!!
 
letra resultante do sorteo, realizado o mércores día 24 de outubro ás 11:00 horas no Centro Demostrador TIC, é: P
 
Un programa divulgativo que sensibiliza e estimula ás micropemes e autónomos a emprender o camiño dixital, máis alá dos correos electrónicos e do marketing en liña, é dicir, realizar unha verdadeira transformación dixital; superar os temores, descoñecemento, nun grupo de profesionais do mesmo tipo de empresas, con semellantes circunstancias e outras peculiaridades que sen dúbida enriquecerán aos asistentes.
 
O programa busca acercar aos xestores de pequenas empresas e autónomos todo o que a tecnoloxía pode facer polas súas empresas co fin de mellorar a súa competitividade e non perderse as vantaxes que, sen dúbida, poden obter a través da transformación dixital dos seus negocios.
  • Superar os temores e reservas que poida haber respecto a transformación dixital
  • Minimizar a brecha dixital entre grandes e pequenas empresas
  • Descubrir novos mercados en crecemento e as posibilidades de negocio que existen no entorno tecnolóxico
  • Coñecer a aplicación real da transformación dixital nun sector tan tradicional, como é o sector vitivinícola, visitando unha bodega e coñecendo as ferramentas tecnolóxicas empregadas na súa mellora
  • Xerar unha rede de networking entre os asistentes, compartindo inquedanzas, entretenemento e solucións. 

Para consultar máis información descargue o dossier do programa.

Para máis información, non dubide en ver o vídeo de presentación do programa.

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:

Venres 9 de novembro:

  • Chegada as 20h. Recepción e breve explicación sobre o programa
  • Cea e presentación dos asistentes. 21:00h
 
Sábado 10 de novembro
  • 9:30h Taller “ O por que da transformación dixital”.

O obxectivo do taller é que os participantes poidan analizar dende un punto de vista estratéxico e non táctico a importancia da transformación dixital, nas microempresas,hoxe.

  • 12:30h Saída visita dunha bodega
  • 14:30h Almorzo
  • 17:00h Taller “Cómo aplicar a transformación dixital a miña empresa”.

O obxectivo e identificar en que procesos do meu negocio podo incorporar melloras tecnolóxicas, especialmente dixitais, co fin de proxectar unha mellora competitiva.  Así como percibir de forma concreta e personalizada, que beneficios obtería a miña empresa a través da transformación dixital. 

  • 20:00h Tempo libre
  • 22:00h Cea
Domingo 11 de novembro.
  • 10:30h Saida de ruta 
  • 13:30h Chegada e peche do programa

PRE-INSCRICIÓNS:

 
O número de prazas para participar neste programa formativo está limitada a 15, polo que se inicia un proceso de preinscrición que permanecerá aberto desde o 10 de outubro ata o 5 de novembro ás 18.00h https://cdtic.xunta.gal/espazo-privado
 
A participación no programa require dun copago de 100€ por asistente e inclúe: programa formativo e de lecer, estancia no Parador de Santo Estevo e manutención.
 

IMPARTE:

 
Inmaculada Rodríguez Cuervo
 
Directora de Emociaccion SL e empresaria con experiencia en dirección de pemes de diferentes sectores. Licenciada en Bioloxía, Mestrado en Marketing por ESIC e no programa de Alta Dirección  pola Escola de Negocios de Caixanova. Facilitadora certificada en Lego Serious Play, en Visual Thinking e en Organizarion Relationship Coaching. 
 
Álvaro Enríquez Varela
 
Socio Fundador e CEO de Duacode SL, empresa de Software e deseño. Foi programador en Mercer Consulting (Madrid) e de Placo Saint-Gobain levando as tarefas de programación e mantemento de aplicacións informáticas en entorno web.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital