Dixital-On Fragas do Eume

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Un programa divulgativo que sensibiliza e estimula ás micropemes e autónomos a emprender o camiño dixital, máis alá dos correos electrónicos e do marketing en liña, é dicir, realizar unha verdadeira transformación dixital; superar os temores, descoñecemento, nun grupo de profesionais do mesmo tipo de empresas, con semellantes circunstancias e outras peculiaridades que sen dúbida enriquecerán aos asistentes.
 
O programa busca acercar aos xestores de pequenas empresas e autónomos todo o que a tecnoloxía pode facer polas súas empresas co fin de mellorar a súa competitividade e non perder as vantaxes que, sen dúbida, poden obter a través da transformación dixital dos seus negocios.
  • Superar os temores e reservas que poida haber respecto a transformación dixital
  • Minimizar a brecha dixital entre grandes e pequenas empresas
  • Descubrir novos mercados en crecemento e as posibilidades de negocio que existen no entorno tecnolóxico
  • Xerar unha rede de networking entre os asistentes, compartindo inquedanzas, entretenemento e solucións.

 

Para máis información, non dubide en ver o vídeo de presentación do programa

 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:

Venres 23 de novembro:

  • 20.00h Chegada ao hotel (pendente de definir). Recepción e breve explicación sobre o programa.
  • 21.00h. Cea e presentación dos asistentes.
 
Sábado 24 de novembro
  • 9:30h Taller “ O por que da transformación dixital”.

Este taller realizarase con LSP. O obxectivo do taller é que os participantes poidan analizar dende un punto de vista estratéxico e non táctico a importancia da transformación dixital, nas microempresas, hoxe.

  • 13:30h Visita empresa (pendente de definir)
  • 14:30h Almorzo
  • 17:00h Volta ao hotel
Domingo 25 de novembro.
  • 10:00h Saída do hotel 
  • 10:30h Visita ás Fragas do Eume
  • 14:00h Comida.

PRE-INSCRICIÓNS:

 
O número de prazas para participar neste programa formativo está limitado a 15, polo que é preciso preinscrición en:  https://cdtic.xunta.gal/espazo-privado.
 

IMPARTE:

 
Inmaculada Rodríguez Cuervo
 
Directora de Emociaccion SL e empresaria con experiencia en dirección de pemes de diferentes sectores. Licenciada en Bioloxía, Mestrado en Marketing por ESIC e no programa de Alta Dirección  pola Escola de Negocios de Caixanova. Facilitadora certificada en Lego Serious Play, en Visual Thinking e en Organizarion Relationship Coaching. 
 
Álvaro Enríquez Varela
 
Socio Fundador e CEO de Duacode SL, empresa de Software e deseño. Foi programador en Mercer Consulting (Madrid) e de Placo Saint-Gobain levando as tarefas de programación e mantemento de aplicacións informáticas en entorno web.
 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
5 + 10 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores