Xornada de presentación e lanzamento de DICO Mindset

Encontros TIC
Descrición:

O sector dos contidos dixitais foi dos primeiros en completar o proceso de transformación dixital. A creación, a produción e a distribución dos bens e os servizos asociados aos contidos dixitais pódense facer de forma 100 % dixital.
 
Neste panorama atopámonos nun contexto con notables oportunidades, pero tamén con grandes cambios nos modelos de negocio o que obriga a una rápida adaptación por parte do noso sector de contidos dixitiais.
 
A través dun proceso colaborativo liderado pola AMTEGA e os Clusters TIC e Audiovisual, e contando coa participación dos principais axentes do sector de contidos de Galicia e internacionais, construíuse un Plan de Acción denominado Plan DICO Mindset para os anos 2018-2020 co que se pretende dar un pulo ao propio sector en Galicia.
 
Nesta xornada realizarase unha presentación e lanzamento do Plan DICO Mindset, un plan para o impulso aos contidos dixitais en Galicia, orientado a reforzar o capital humano, desenvolver proxectos tractores e fomentar a competitividade dixital dun sector con 900 empresas e máis de 5.000 empregados en Galicia.

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

09.30h Apertura institucional

  • Mar Pereira, Directora Amtega 
  • Jorge Algora, Presidente Clúster Audiovisual Galego
  • Antonio Rodríguez del Corral, Presidente Clúster TIC Galicia

 

10.00h DICO Mindset, o Plan de acción para o impulso aos  contidos dixitais en Galicia

  • Rosa Méndez, Directora Área de Sociedade Dixital (Amtega)

 

10.15h DIXit - Novo espazo de produción de contidos  educativos baseados en tecnoloxías innovadoras

  • Carlos Vázquez, Director Área Solucións Sectoriais (Amtega)

 

10.30h GEOARPAD – Patrimonio cultural da Eurorrexión  Galicia – Norte de Portugal: Valoración e Innovación

  • Marina García, Subdirectora xeral de Arquivos

 

10.45h Pausa Café / Networking

 

11.15h A revolución da CRTVG - Envolvendo á audiencia nos  contidos dixitais

  • José Pereira, Director de Innovación e Negocio (CRTVG)
    • Segundas pantallas de realidade aumentada para dispositivos móbiles
    • Canles multimedia adaptadas aos comportamentos dos usuarios
    • Canle temática interactiva de contidos educativos

 

11.45h Quenda de preguntas

 

12.00h Fin do evento

  • Alfonso Sánchez Izquierdo, Director xeral CRTVG
  • Mar Pereira, Directora Amtega 

 

ORGANIZA:

Cluster Audiovisual Galego, Cluster TIC Galicia e Amtega
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital