Workshop de presentación do Mapa de Demanda Temperá

Encontros TIC
Descrición:

INSCRICIÓNS ATA O DÍA 22
 
Workshop de presentación do Mapa de Demanda Temperá dentro do proceso de Compra Pública de Innovación para a posta en marcha dunha plataforma integral de servizos e solucións baseadas en contidos dixitais interactivos.
 
A Amtega e a CRTVG presentará as fichas de avance e o mapa de demanda temperá, obtidos como resultados das consultas ao mercado. Estes documentos, anticiparán as intencións de contratación previstas proporcionando deste xeito un adianto ao comprador sobre as necesidades tecnolóxicas a cubrir dentro do Plan Dico Mindset.

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

09.45h Rexistro e acreditacións

 

10.00h Apertura do evento

  • Mar Pereira, Directora Amtega 
  • José Pereira, Director de Innovación e Negocio (CRTVG)

 

10.15h Presentación das fichas de avance 

  • Rosa Méndez, Directora Área de Sociedade Dixital (Amtega)

 

10.45h Presentación mapa demanda temperá 

  • José Pereira, Director de Innovación e Negocio (CRTVG)

 

11.15h Próximos pasos

  • Eduardo Díaz, Oficina técnica CPI-DICO

 

11.30h Quenda de preguntas e peche do evento

 

ORGANIZA:

Amtega e CRTVG
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital