#DemosXweb. Aproveita as vantaxes do Whatsapp para o uso profesional

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

SESIÓN EXCLUSIVAMENTE EN LIÑA POR STREAMING
 
Para ver a emisión por streaming da actividade prema aquí
 
WhatsApp é unha ferramenta de comunicación de uso moi frecuente entre o gran público. Convén coñecer as súas limitacións para un uso profesional ou mesmo comercial e boas prácticas, así como cales son as opcións máis indicadas para cada caso. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Introdución: presentación de WhatsApp e ámbito de uso
  • Condicións de uso
  • Opcións de WhatsApp e o seu enfoque profesional. "WhatsApp marketing"
    • Funcións de WhatsApp para o uso profesional
    • Recomendacións e boas prácticas
    • Ferramentas
    • Exemplos de casos reais

IMPARTE:

Christian Delgado von Eitzen
Enxeñeiro superior de Telecomunicación. Desde o ano 1999 traballa desenvolvendo e dirixindo proxectos e como responsable de diferentes sistemas web, comercio electrónico e plataformas en internet, sendo especialista en proxectos de transformación dixital, posicionamento en internet (SEO), analítica web, ciberseguridade e blockchain así como formador e profesor asociado no IESIDE.
Desde o ano 2002 publica artigos de divulgación, informática, tecnoloxía, redes sociais e telecomunicacións en diferentes medios. Mantén un blog (http://www.christiandve.com) e colabora noutras publicacións.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital