Descubre como os servizos de Reacciona TIC poden guiar á túa peme cara a Industria 4.0

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

SESIÓN EXCLUSIVAMENTE POR STREAMING
 
O obxectivo da sesión é mellorar a túa competitividade empresarial. Leva a túa empresa á cuarta revolución industrial; realizar unha diagnose 4.0 da túa empresa; explorar novas oportunidades de negocio co uso da tecnoloxía 4.0; testar a viabilidade e os beneficios dunha simulación industrial e mellorar parámetros industriais, como a redución de actividades innecesarias.
 

 

 

PROGRAMA:

  • Como realizar unha diagnose 4.0 na túa empresa?
  • Explora novas oportunidades de negocio co uso da tecnoloxía 4.0 
  • Que son as metodoloxías LM e as ferramentas DES?
  • Beneficios da simulación industrial
  • Exemplos prácticos da aplicación da industria 4.0 en pemes
  • Como solicitar unha das axudas Re-acciona TIC 4.0 do Igape?

ORGANIZA E IMPARTE:

Soltec Ingenieros, Team and Time e Fundación CTIC 
Soltec Ingenieros proporcionan servizos técnicos de enxeñería desde o ano 2001 a nivel de consultoría, proxecto e control de execución, cunhas directrices claras. Conta cun equipo multidisciplinar de alta cualificación que lle permite enfrontarse aos retos da innovación e a internacionalización desde os seus inicios.
 
Team and Time é unha empresa que ten como obxectivo converterse nun referente do seu sector con base en resultados adecuados ás necesidades de cada cliente. Están especializados en enxeñería de organización. Implantan solucións e melloras cuantificadas nas distintas etapas da cadea loxística para impulsar o desenvolvemento e a optimización das organizacións.
 
Fundación CTIC é un axente tractor de innovación e socio tecnolóxico de empresas e administracións. Xera servizos e produtos innovadores e promove a incorporación de tecnoloxía aos procesos de negocio das empresas para facelas máis competitivas.
 
 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
3 + 2 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores