#DemosXweb: Queres avanzar e afrontar os desafíos da industria 4.0? Define un itinerario, implanta solucións 4.0 e mellora a túa produtividade

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

SESIÓN EXCLUSIVAMENTE POR STREAMING
 
O obxectivo da sesión é mellorar a túa competitividade empresarial. Leva a túa empresa á cuarta revolución industrial; analizar o estado da túa empresa e o seu potencial 4.0; definir a túa folla de ruta para incorporar as tecnoloxías 4.0; implementar solucións da industria 4.0 co acompañamento dunha consultoría especializada e xerar o teu modelo de simulación industrial.
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Define o teu itinerario 4.0
  • Pon en marcha solucións tanxibles de industria 4.0
  • Xera e testa o teu modelo produtivo
  • Exemplos prácticos da aplicación da industria 4.0 en pemes
  • Como solicitar unha das axudas Re-acciona TIC 4.0 do Igape?

ORGANIZA E IMPARTE:

Team and Time, Fundación CTIC e Soltec Ingenieros
Team and Time é unha empresa que ten como obxectivo converterse nun referente do seu sector con base en resultados adecuados ás necesidades de cada cliente. Están especializados en enxeñería de organización. Implantan solucións e melloras cuantificadas nas distintas etapas da cadea loxística para impulsar o desenvolvemento e a optimización das organizacións.
 
Fundación CTIC é un axente tractor de innovación e socio tecnolóxico de empresas e administracións. Xera servizos e produtos innovadores e promove a incorporación de tecnoloxía aos procesos de negocio das empresas para facelas máis competitivas.
 
Soltec Ingenieros proporciona servizos técnicos de enxeñería desde o ano 2001 a nivel de consultoría, proxecto e control de execución, cunhas directrices claras. Conta cun equipo multidisciplinar de alta cualificación que lle permite enfrontarse aos retos da innovación e a internacionalización desde os seus inicios.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital