#DemosXweb. Aproveita as vantaxes de Joomla para desenvolver as túas webs

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

SESIÓN EXCLUSIVAMENTE EN LIÑA POR STREAMING
 
                                          
Joomla é un sistema de xestión de contidos moi popular na web. É empregado tanto por individuos como por pequenas e medianas empresas ou grandes organizacións para crear dun xeito doado e flexible unha gran variedade de webs ou aplicativos web. Ofrece un amplo abano de compoñentes adicionais, como son axenda, foros, enquisas, buscador avanzado, sindicación de contidos etc. Entre as súas múltiples extensións destacan varias especialmente deseñadas para integrar no portal unha tenda de comercio electrónico.
 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Que é un CMS e diferentes solucións para a creación de sitios web con software libre.
  • Exposición das características de Joomla.
    • Licenza
    • Partes de Joomla: parte pública e privada
    • Xestión de usuarios, menús contidos, idiomas
    • Escalabilidade
  • Quen usa Joomla. 
  • Mitos desmentidos sobre Joomla. 
  • A comunidade Joomla.

IMPARTE:

Desenvolvedor, asesor e consultor web autónomo especializado en Joomla, así como docente en diversos cursos de deseño web.
Estudos universitarios de Enxeñería Técnica Electrónica, pero, sobre todo, entusiasta do software e hardware de fontes abertas e libres.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital