#DemosXweb. Coñece as posibilidades de Odoo para xestionar a túa empresa

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Exclusivamente por Streaming
 
Porque o contorno OdooERP permite a xestión integrada e completa en pequenas empresas da xestión da parte comercial e administrativa (vendas, facturación e contabilidade) e a xestión loxística (almacéns e compras), coas vantaxes dunha aplicación de software libre (alta personalización e adaptación aos factores propios de cada empresa).
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación práctica dos módulos de Odoo v11 para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha peme
  • Explicación do funcionamento básico de módulos de Odoo: CRM, vendas (backoffice, TPV, e-commerce), almacén, compras e contabilidade 
  • Exposición dun caso de xestión comercial, administrativa e loxística
  • Realización dun exercicio práctico.

IMPARTE:

Anubía Soluciones en la Nube S.L
Somos unha empresa formada por enxeñeiros industriais, economistas e enxeñeiros informáticos, o que nos posibilita ter unha visión global de calquera empresa (servizos, distribución, fabricación) e entendela tanto desde o punto de vista funcional como técnico e achegar valor como especialistas en Odoo e como consultores. O cal nos permite facilitar aos nosos clientes melloras en procesos, eficacia, eficiencia.

  

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital