Xeshostal: software para a xestión hoteleira. Sesión demo

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

RETRANSMISIÓN POR STREAMING: NON
 
Este aplicativo permítelles aos pequenos establecementos xestionar as súas reservas e facturas nunha base de datos ordenada de clientes; fixar e modificar os prezos dos cuartos en función das características destes; obter informes de xestión e planificacións semanais e/ou mensuais de limpeza, de datos de ocupación; isto é, operacións do día a día que afectan á carga de traballo do empresario, xerente, recepcionista, persoal de limpeza...
 

PROGRAMA


  • Motivación da aplicación
  • Introdución á funcionalidade
  • Demostración do uso

 

IMPARTE


 
D. Antón Macías de Miguel.
 
Enxeñeiro técnico en Informática de Sistemas e enxeñeiro informático pola Universidade Aberta de Cataluña, Máster en Enxeñería Computacional e Matemática pola Universidade Rovira e Virgili e Universidade Aberta de Cataluña, con Premio extraordinario de final de estudos de Máster; ademais, gañador dunha bolsa de investigación en Matemática Discreta e Teoría de Grafos.
 
Oito anos de experiencia como programador traballando tanto no sector privado como para organismos públicos. Aínda que traballa en proxectos de todo tipo, está especializado en plataformas web (interacción cliente-servidor, servizos web...) e proxectos complexos de bases de datos.
 
 

Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital