Só por streaming
Porque o 31 de outubro de 2020 está a caer e ainda hai moitas páxinas webs sen acatar a nova normativa. Aproveitaremos a sesión para explicar e profundizar nos diferentes requisitos legais dunha páxina web, diferenciando cando se vende online e cando so ten un carácter máis informativo.
PROGRAMA:
- Novos criterios sobre o uso das cookies (deben implementarse, a máis tardar, o 31 de outubro de 2020 -prazo establecido pola AEPD-)
- Que aspectos legais debes ter en conta no ámbito dixital?
- E se vendes online, sabes que tes que asinar un contrato co usuario?
- Boas prácticas e exemplos do que non se pode facer
IMPARTE:
APDTIC é unha consultora especializada no dereito TIC, composta por un equipo multidisciplinar de profesionais dos ámbitos xurídico e tecnolóxico. O noso principal obxectivo é proporcionar cobertura legal ás empresas e ás administracións públicas nos seus novos retos dixitais.