Marketing dixital para captar e fidelizar os nosos clientes

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

As persoas que asistan a esta sesión poderán coñecer as claves para chegar dun modo efectivo ao novo consumidor, de modo que a través da conversa dixital poidan captar e fidelizar os clientes. Descubrirán ferramentas e claves para unha correcta xestión da conversa.
 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • O novo consumidor dixital.
  • As redes sociais como canle de comunicación empresarial.
  • Contidos e conversación:
    • Estratexia de marketing de contidos
    • Tipos de contidos
    • Ferramentas para a xeración, clasificación, curación e programación de contidos
    • Claves na conversación 2.0
  • Reputación dixital e escoita activa.

IMPARTE:

Victor Gómez
Enxeñeiro industrial, especialidade en Organización Industrial pola Universidade de Vigo. Empresario e consultor de empresas durante máis de 15 anos e profesor asociado no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.
Na actualidade desenvolve, desde Restauraccion, servizos de marketing para restaurantes e empresas gastronómicas.
Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital