A función de comunicación estratéxica e dixital na empresa. Que contar e como contalo? Edición II

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula CeMIT de Vigo (Rúa Oporto nº 1)
 
Os asistentes poderán descubrir o novo paradigma da comunicación e o enfoque da comunicación e o marketing dixital; coñecer as tendencias actuais; aprender a atopar o valor e definir unha mensaxe diferenciadora para a empresa; desenvolver unha visión estratéxica da comunicación baseada no valor; entender, desde unha visión global, cal é o modelo comunicacional da empresa; desenvolver a metodoloxía para a planificación da comunicación empresarial; e valorar a importancia do ámbito dixital. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 10.00 Como é a comunicación do s. XXI? Novos novos modelos de negocio, consumidor dixital...  O cambio no paradigma comunicacional
  • 10.30 A visión estratéxica e global da comunicación. Como identificar unha mensaxe de valor?
  • 11.15 O modelo de comunicación. Planificación integral da comunicación dunha empresa:
    • Dirección de comunicación: comunicación financeira, lobby, comunicación de crise e RSC
    • Comunicación corporativa
    • Comunicación interna
    • Comunicación externa: marketing, publicidade, internet
    • Relacións públicas e gabinete de medios
  • 12.30 Pausa
  • 12.50 Tendencias da comunicación estratéxica e dixital 
  • 13.15 Caso práctico: definición do plan de comunicación e plan de marketing dixital
  • 14.00 Peche da sesión

IMPARTE:

Fuencisla Cid
Bachelor in Business Administration pola Universidade de Gales e a Escola de Negocios Afundación. Mestrado en Dirección e Xestión de Comunicación, Marketing e Publicidade polo Istituto Europeo di Design. Mestrado en Investigación en Comunicación e Suficiencia Investigadora pola Universidade de Vigo. Consultora certificada en Creative Problem Solving pola Creative Education Foundation. Socia e secretaria xeral da Asociación de Directivos de Comunicación na súa delegación de Galicia e membro das vogalías de Comunicación Institucional e de Innovación. Socia de APG España (Account Planning Group) e membro do grupo de traballo “Planners as digital accelerators” de Google e APG. Socia da Asociación Europea de Directores de Comunicación e membro dos grupos de traballo “Institucións Europeas” e “Liderado de marca”. Actualmente é directora de Comunicación e consultora en EOSA e editora do blogzine Innova+C de Dircom.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital