Uso da comunicación escrita para reforzar a marca dixital da empresa

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
 
 
As tecnoloxías dixitais mudaron a comunicación das empresas, facendo que as reunións presenciais sexan cada vez máis escasas. Agora o habitual é a comunicación escrita, na que non podemos percibir a reacción da persoa interlocutora e asegurarnos de que entende o que queremos expresar. Un correo mal redactado, con faltas ortográficas, con ton intransixente ou incoherente coa imaxe da empresa pode botar por terra todo o traballo previo. O obxectivo da sesión é destacar a importancia do código escrito, con pautas de redacción, e a correcta transmisión de ideas a través das comunicacións escritas nas canles dixitais como o correo electrónico, as redes sociais ou as webs, e que isto sexa un elemento máis da marca da empresa.
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Introdución
  • Como as novas tecnoloxías cambian a forma de comunicarse
  • Presenza persoal e presenza electrónica
  • Como afectan os cambios tecnolóxicos á marca
  • Importancia do estilo corporativo como parte da imaxe de marca

 

IMPARTE:

Estrella Moreira
Licenciada en Tradución e Interpretación de inglés e alemán.
Actualmente traballa en labores de tradución do alemán e o inglés ao castelán, especializada en: programas de software (interfaces), páxinas web, textos para SEO, manuais técnicos, textos publicitarios e de marketing e textos xurídicos. Tamén realiza revisión e corrección de textos en castelán, como notas de prensa ou textos para a súa publicación máis variada (marketing, comunicados oficiais, contidos para blogs ou para redes sociais). Tamén revisa calquera tipo de comunicación interna e externa dunha empresa (correo electrónico, notificacións a clientes etc.): http://www.estrellamoreira.com.
 

 

 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital