Creación, desenvolvemento e comercialización de produtos TIC en software libre

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Este curso permitirá aos asistentes coñecer as vantaxes e obrigas para poder integrar compoñentes de software libre no desenvolvemento do seu produto, comprender as dinámicas e o modelo de negocio baseado na colaboración no universo open source e identificar boas prácticas para xestionar a propiedade intelectual implicada na construción dun produto TIC.

 

PROGRAMA


  • Software libre. ¿Quen o usa para crear produtos TIC?
  • Incorporar open source no meu produto:
    • Receitas para non reinventar a roda
    • ¿Que fan as grandes empresas TIC?
  • Como licenciar o meu produto
  • Políticas de contribución a proxectos de software libre
  • Software libre e modelos de negocio

 

IMPARTE


 
D. Jose María Casanova Crespo,
 
Enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña.
 
Socio fundador de Igalia, consultora especializada en open source.
 
Consultor especializado en software libre e colaborador na Oficina de Coordinación de Software Libre da AMTEGA.
 
Docente na Facultade de Informática da Universidade da Coruña no ámbito das Metodoloxías de Desenvolvemento.
 
Coordinador do Máster en Software Libre de Caixanova (Igalia-URJC) (2007-2009).
 
Membro da GNOME Foundation e do Grupo de Programadores e Usuario de Linux.

 

Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital