Who else can join the data privacy war on the side of consumers? It’s not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
 
As persoas asistentes poderán coñecer a historia da evolución da seguridade en internet e dos problemas de malware e fraude en apps, así como as novas perspectivas para afrontar a situación actual.

O relatorio será impartido en inglés e contará con servizo de tradución simultánea

Para inscribirse á sesión pode facelo a través da web do CDTIC ou mandando un correo a cdtic@xunta.gal

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 12:00 Recepción de asistentes
  • 12:15 Presentación institucional. Mar Pereira Álvarez, directora da Amtega
  • 12:30 Introdución e presentación do relator. Andrés Faíña Medín, catedrático Jean Monnet de Economía Industrial Europea
  • 12:45 Who else can join the data privacy war on the side of consumers? It’s not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura. David Finn
  • 13:30 Rolda de preguntas
  • 14:00 Peche da xornada

IMPARTE:

David Finn
Doutor en dereito por Harvard e experto en ciberseguridade. Dedicou a maior parte da súa carreira a instrumentar datos e tácticas legais de maneira innovadora para loitar contra a ciberdelincuencia, protexer a privacidade e evitar o dano a persoas consumidoras e empresas. 
 
É director executivo de CleanApps.org, organización sen fins de lucro enfocada a apoiar as empresas de software responsables e a promover unha internet máis segura. CleanApps é unha organización complementaria de empresas de ciberseguridade que se dedican á protección da privacidade e á eliminación de código malicioso nas apps.
 
Estivo 16 anos en Microsoft, como director da unidade de delitos dixitais e conselleiro de ciberdelincuencia, creando programas e liderando equipos para combater a fraude, a falsificación, a filtración e o crime dixital. Tamén desempeñou o cargo de fiscal auxiliar dos Estados Unidos na cidade de Nova York, e viviu e traballou extensamente no estranxeiro, como líder de equipos legais e interdisciplinarios con base en Europa e en todo o mundo, e colaborando con funcionarios gobernamentais, axentes da lei e organizacións internacionais.
 

 

Cátedra Jean Monnet, UDC, Máster Universitario Innovación Estrategia Digital

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital