Charla sobre ciberseguridade. Coñece os perigos que ameazan aos nosos datos

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Santiago de Compostela CDTIC (Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo) e nas aulas CeMIT de Pontevedra, Carballedo, Ribeira, Valga, Guitiriz, Leiro e Cuntis

Esta charla trata de dar a coñecer as típicas ameazas e perigos que poden afectar aos usuarios e como protexerse deles. O contido é moi pouco técnico xa que estará centrado en historias reais que describen como foi o ataque a nivel teórico, os problemas aos que se enfronta a vítima, as solucións que se poden tomar e como evitar ser obxectivo do mesmo.. 
 
 
 

 

PROGRAMA:

  • Presentación
  • Fraude
  • Phising
  • Extorsión
  • Roubo de información
  • Secuestro de datos
  • Ciberacoso, ciberbullying
  • Perigos en dispositivos móbiles
 
 

IMPARTE:

Gradiant
 

Gradiant é unha fundación privada, sen ánimo de lucro establecida en decembro de 2007 e nada co obxectivo de aliñar a I+D universitaria coas demandas empresariais, desempeñando un papel fundamental na xeración e transferencia de coñecemento en tecnoloxías da información nas comunicacións (TIC) cara ás empresas.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
6 + 9 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores