II Encontro sobre Ceph, unha solución aberta para a xestión masiva de datos no teu CPD

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Ceph é unha plataforma de almacenamento programable, cunha enorme capacidade de escalabilidade, e aberta e deseñada para ser incluída na infraestrutura IT dunha organización e transformar así a súa capacidade para xestionar grandes volumes de datos. É válida para a infraestrutura e a configuración da nube, repositorios multimedia, sistemas de copias de seguridade, e restauración e data lake. Ceph persegue operar de forma completamente distribuída, sen un único punto de erro e escalando a nivel de exabyte. 
 
Permítelles ás empresas liberarse das custosas solucións de almacenamento privativas e baseadas en hardware.
 
Esta xornada está deseñada por e para a comunidade de Ceph. No programa inclúense os diferentes perfís e roles do ecosistema de Ceph, co obxectivo de permitirlle ao público asistente achegarse a esta plataforma desde diferentes ángulos e perspectivas, coa intención non só de dala a coñecer a nivel teórico, senón tamén de mostrar as necesidades para adoptala de forma práctica na organización. Así, falarase do hardware necesario, pasando por arquitecturas de referencia, identificación de provedores locais/nacionais, resolución de dúbidas e a presentación de dous casos reais de uso en empresas galegas. 
 
 

 

PROGRAMA:

  • 9:15 Benvida e recepción. Presentación do CDTIC
  • 9:30 Ceph en containers con Rook para dar almacenamento persistente a Kubernetes / OpenShift 

Luis Rico, senior solution architect en Red Hat 

  • 10:00-10:30 O NVME como contorno base e a evolución á memoria persistente

David Ramírez, SUPERMICRO, field application engineer España e Portugal

  • 10:30 - 11:15 Pausa
  • 11:15 Introdución a Mellanox e a súa relación con Ceph

Francisco Rodríguez Moure, socio fundador de Colabora Ingenieros S.L.

  • 11:30 Conectividade Ethernet End-to-End de Mellanox = Entorno CEPH de altas prestacións

Javier Sánchez Rojas, RSM Iberia en Mellanox Technologies

  • 12:00 Leccións aprendidas co uso de Ceph en produción

Camilo Echevarne e Félix Barbeira, Dinahosting

  • 12:30 - 13:15 Pausa
  • 13:15 CEPH, onde non chegan as cabinas de discos

Jesús Blanco, responsable de sistemas en Aitire, e Alejandro Escobar, CEO en Aitire

  • 13:45 A nova funcionalidade de zona de arquivo en Ceph/RGW

Javier Muñoz Mellid, software developer en Igalia e contribuidor upstream de Ceph

  • 14:15 Q/A Debate
  • 14:30 Fin da xornada

IMPARTE

Red Hat. É o principal provedor de solucións de software de código aberto empresarial a nivel mundial, que utiliza un enfoque baseado na comunidade para proporcionar tecnoloxías fiables e de alto rendemento de Linux, nube híbrida, contedores e kubernetes. Red Hat axuda aos clientes a integrar as novas aplicacións de TI coas xa existentes, a desenvolver aplicacións nativas da nube, a estandarizar o seu sistema operativo líder na industria, así como a automatizar, asegurar e xestionar contornos complexos. Como partner estratéxico de provedores na nube, integradores de sistemas, provedores de aplicacións, clientes e comunidades de código aberto, Red Hat pode axudar ás organizacións a prepararse para o futuro dixital.
 
SUPERMICRO. Supermicro é un líder global en tecnoloxía de servidores de alto rendemento, eficiencia e innovación. Fabrican e subministran os compoñentes clave para data center, cloud computing, enterprise IT, big data, high performance computing e sistemas embebidos e IoT en todo o mundo. 
 
Colabora Ingenieros. Fundada en 2002 por profesionais con máis de 25 anos de experiencia en TIC, Colabora Ingenieros vén desenvolvendo a súa actividade tanto en operadores de telecomunicacións como en grandes e medianas empresas. Polo que respecta a open switching, CI vén operando como canle en España de Cumulus Networks con base en hardware Mellanox entre outros, e desenvolveu varios proxectos importantes nos últimos anos.
 
Mellanox. Mellanox Technologies (NASDAQ:MLNX) é o provedor líder de solucións de conectividade intelixente Ethernet e Infiniband e ofrecen infraestrutura end-to-end para servidores, almacenamento e hiperconverxencia. Mellanox ofrece conta cunha gran gama de solucións de alto rendemento: procesadores de rede e multicore, adaptadores de rede, switches, cables, software e circuítos integrados ASIC, que aceleran os contornos de execución das aplicacións e maximizan os beneficios para o negocio dos seus clientes nunha gran variedade de mercados como datacenters de nova xeración, big data, cloud storage etc.
 
Dinahosting. Dinahosting é unha empresa de Santiago de Compostela que leva desde o ano 2001 ofrecendo servizos de rexistro de dominios e aloxamento web, desde solucións de hostings compartido, cloud, VPS ou servidores dedicados. O seu sinal de identidade é o trato humano que lles brinda sempre aos seus clientes, os 365 días do ano e por suposto, no seu idioma. 
 
Aitire. Empresa de administración de sistemas que xestiona as infraestruturas informáticas dos seus clientes coa última tecnoloxía en máquinas virtuais, cloud e código aberto. Desde a monitorización ata as copias de seguridade automáticas, todo se enfoca cara ao mantemento preventivo e a redución dos incidentes de seguridade para obter a máxima dispoñibilidade dos seus sistemas.
 
Igalia. Empresa galega de consultoría especializada en software libre. Conta cunha ampla experiencia en tecnoloxías innovadoras e anos de experiencia en proxectos e comunidades open source, entre elas Ceph.
 
Logos das empresas colaboradoras
 
 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
2 + 1 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores