Ceph, unha solución aberta para a xestión masiva de datos no teu CPD

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Ceph é unha plataforma de almacenamento programable, cunha enorme capacidade de escalabilidade e aberta, deseñada para ser incluída na infraestrutura IT dunha organización e transformar así a súa capacidade para xestionar grandes volumes de datos, liberando as empresas das custosas solucións de almacenamento privativas e baseadas en hardware.
 
É válida para a infraestrutura e a configuración da nube, repositorios multimedia, sistemas de copias de seguridade e restauración e data lake. Ceph persegue operar de forma completamente distribuída, sen un único punto de erro e escalando a nivel de exabyte. 
 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 9:30 - Benvida e recepción. Presentación do CDTIC
  • 9:45 - Ceph máis alá de ser o mellor almacenamento unificado para OpenStack. Novos casos de uso

Luis Rico. Red Hat - Senior Solution Architect - Storage Specialist EMEA

  • 10:25 - Solucións Hardware SDS / Ceph

David Ramírez, SUPERMICRO. Field Application Engineer España e Portugal

  • 11:05 - Introdución a Cumulus e a súa relación con Ceph

Francisco Rodríguez Moure, socio fundador de Colabora Ingenieros S.L.

  • 11:15 - Open and Web-Scale Networking: Cumulus Networks the Right Choice (Charla en inglés)

Raf Vervloessem, Sales Representative Southern EMEA at Cumulus Networks

  • 11:45 - Pausa para o café
  • 12:15 -  Xestión de backups con Ceph Object Storage

Camilo Echevarne Carneiro. Félix Barbeira Salvado.  Dinahosting

  • 12:55 - Consultoría upstream en Ceph/RadosGW/S3

Javier Muñoz Mellid. Software developer en Igalia e contribuidor upstream de Ceph

  • 13:35 - Debate
  • 14:00 - Fin da xornada

IMPARTE

Red Hat - Red Hat é o principal contribuidor no proxecto Ceph da comunidade open source, despois da adquisición en 2014 da compañía Inktank, que proporcionaba soporte comercial a empresas que utilizaban Ceph como software-defined storage. Red Hat proporciona soporte sobre a solución de nivel empresarial Red Hat Ceph Storage (RHCS) baseada no software libre Ceph.
 
SUPERMICRO -  Supermicro é un líder global en tecnoloxía de servidores de alto rendemento, eficiencia e innovación. Fabrican e subministran os compoñentes clave para data center, cloud computing, enterprise IT, big data, high performance computing e sistemas embebidos e IoT en todo o mundo. 
 
Colabora Ingenieros - Colabora Ingenieros vén operando como canle en España de Cumulus Networks, e realizou varios proxectos importantes nos últimos dous anos.
 
Cumulus Networks -  Is leading the transformation of bringing web-scale networking to organizations of all sizes.
 
Dinahosting - Dinahosting é unha empresa de Santiago de Compostela que leva desde o ano 2001 ofrecendo servizos de rexistro de dominios e aloxamento web, desde solucións de hostings compartido, cloud, VPS ou servidores dedicados. O seu sinal de identidade é o trato humano que lles brinda sempre aos seus clientes, os 365 días do ano e, por suposto, no seu idioma. 
 
Igalia - Empresa galega de consultoría especializada en software libre. Conta cunha ampla experiencia en tecnoloxías innovadoras e anos de experiencia contribuíndo a proxectos e comunidades open source, entre elas Ceph
 
Logos das empresas colaboradoras
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital