Centro Demostrador TIC de Galicia

Que é o CDTIC?

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) é unha iniciativa pública que promove a transformación dixital das PEMES de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade.

O CDTIC ten como misión amosar e demostrar ás empresas os beneficios que as TIC poden ofrecer ao seu negocio. Para cumprir con esta misión o CDTIC apoiase no sector TIC galego, poñendo en valor os seus produtos, servizos e capacidades.

As actuacións do CDTIC enmárcanse na Axenda Dixital de Galicia 2020, erixíndose como punto de encontro entre a oferta do sector TIC e o resto dos sectores empresariais galegos.

O CDTIC é unha iniciativa promovida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade pública empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, e cofinanciada con fondos FEDER.

Obxectivos

Os obxectivos xerais que persegue o CDTIC son:

  • Fomentar a transformación dixital das empresas de Galicia.
  • Impulsar o desenvolvemento do mercado TIC de Galicia

Contamos con

Sala de formación

Capacitación e divulgación das TIC

CeMIT

Descentralizamos as nosas actividades a través da rede CeMIT.

Sala flexible

Para realizar demostracións de productos tecnolóxicos.

Capacitación e divulgación das TIC

O Centro Demostrador TIC de Galicia dispón dunha sala de formación habilitada para realizar sesións de demostracións prácticas ou de formación a grupos de ata 40 persoas. O obxectivo é que as empresas, posibles usuarias de tecnoloxía ou innovación tecnolóxica, podan visualizar de forma práctica ás vantaxes e a utilidade das solucións tecnolóxicas obxecto da actuación.

Descentralizamos as nosas actividades a través da rede CeMIT.

O CDTIC ten capacidade para descentralizar a súa actividade levando diversas actuacións a outras zonas da xeografía galega apoiándose na infraestrutura da rede CeMIT, que conta con 98 aulas en 92 concellos de Galicia. O obxectivo é dar resposta á demanda crecente de formación e demostracións tecnolóxicas adaptadas ás necesidades particulares de cada zona xeográfica galega.

Para realizar demostracións de productos tecnolóxicos.

O CDTIC de Galicia dispón dunha sala con capacidade para 12 persoas, completamente flexible na disposición do seu mobiliario, polo que está indicada para a celebración de mesas de traballo, encontros entre empresas, simulacións tecnolóxicas, showrooms, etc. O obxectivo é que as empresas poden empregar esta sala para desenvolvemento de actividades orientadas a transferencia de tecnoloxía, colaboracións e demostracións tecnolóxicas.

Falamos?

Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo
15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

Coordenadas GPS:
W8° 33´ 16,35" N42° 51´ 47,21"

Imaxe dun teléfono
881 995 200
Imaxe dun sobre
cdtic@xunta.gal
Imaxe dun bus
Transporte urbano:
Parada "Sánchez Freire (xunto a rotonda)"

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
9 + 5 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores