Avaliación de proxectos libres para cubrir as necesidades TIC

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

RETRANSMISIÓN POR STREAMING: Si
 
Esta sesión permitirá aos asistentes coñecer que a  elección de calquera ferramenta TIC é un proceso clave que impacta directamente no fluxo de traballo de calquera empresa e que pode supoñer unha importante mellora na súa produtividade. É común que se atenda a criterios, sobre todo, funcionais e de custos cando se afronta esta tarefa, mais os proxectos de software libre, pola súa natureza, permiten facer análises máis completas onde se poden ter en conta novos criterios relativos á comunidade que está detrás destes.
 

PROGRAMA


  • Identificación de proxectos libres que cobren as necesidades do cliente.
  • Análise da madurez dos proxectos. Características da súa comunidade. Modelo de goberno. Licenciamento.
  • Métricas e indicadores para a avaliación de proxectos en base á información pública.
  • Criterios de apoio á decisión tecnolóxica. Selección de fontes fiables de información.

 

IMPARTE


 
D. Pablo Sanxiao Roca.
 
Enxeñeiro técnico en Informática pola Universidade da Coruña e Máster en Software Libre pola Universidade Rey Juan Carlos I.
 
Socio fundador de iCarto, empresa especializada en tecnoloxías de información xeográfica Open Source.
 
Consultor especializado en software libre e colaborador na Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega.
 
Membro da GNOME Foundation, do capítulo hispano-falante da Fundación OSGeo e do Board do Comité de Dirección Técnica de gvSIG.
 
Socio fundador de GHANDALF, asociación para a difusión do software libre en Galicia.

 

Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

 

MATERIAIS DA ACTIVIDADE


 
Video:   Grabación do acto. Día 1. Parte 1. Martes 23.9.2014 ás 16.00 h. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)

 
Video:   Grabación do acto. Día 1. Parte 2. Martes 23.9.2014 ás 16.00 h. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)

 
Video:  Gravación do acto. Día 2. Parte 1. Mércores 24.9.2014 ás 16.00 h. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)

 
Video:  Gravación do acto. Día 2. Parte 2. Mércores 24.9.2014 ás 16.00 h. (Aconséllase usar cascos e maximizar a pantalla)

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
13 + 0 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores