Nova profesión de taxador de coches de segunda man, Diagnose e solución de avarías

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

SÓ EN LIÑA POR STREAMING. A DATA CAMBIA DO 14 AO 15 DE MAIO
                                         

Moitas persoas, incluíndo profesionais, cando compran un coche descoñecen  se están a realizar unha compra adecuada, xa que ignoran se o vehículo ten avarías ocultas e usos inadecuados, así como o grao tecnolóxico e as emisións de CO ou CO2 que expulsan á atmosfera.

Sen realizar as análises pertinentes coas apps de Autoxuga, é totalmente imposible realizar unha compra correcta con só observar a estética do coche, a data de matriculación e os quilómetros realizados.

Para poder inscribirse na actividade é necesario darse de alta como usuario na web do CDTIC, para poder facelo prema aquí.

 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Introdución
  • Valor de uso e valor de cambio dos bens duradeiros
  • Comunicación dun smartphone coa UCE dos coches e internet
  • Taxación de coches e diagnóstico de avarías coas apps de Autoxuga
  • Datos do vehículo para calcular o seu prezo exacto
  • Valoración obxectiva e subxectiva dos coches de segunda man
  • Imaxe da marca e modelo do coche e a súa depreciación de valor
  • Influencia da tecnoloxía sobre as emisións de CO e CO2
  • Prezo dos coches de segunda man en función do uso
  • Valoración do aspecto xeral dos coches
  • Informe de calidade coa certificación ITACCA de Autoxuga
  • Prezo final de compra do coche (1=mal e 5=ben) 
  • Exemplo práctico de cálculo exacto do prezo de coches de segunda man en Alemaña
  • Servizo de importación de coches de segunda man desde Alemaña
  • Optimización na compra de coches de segunda man
  • Rolda de preguntas

IMPARTE:

Autoxuga
Empresa española que elabora desde hai máis de 25 anos programas informáticos de xestión, recambios, contabilidade, técnica. Fabrica equipos de diagnóstico multimarca e tamén adaptadores OBD, e programa aplicacións de Android para que a clientela poida facer a valoración dos seus coches sen acudir ao taller. Consegue diminuír o consumo de combustible dos automóbiles, reducir a contaminación liberada ao medio e a obsolescencia programada, prolongando así a vida útil dos coches.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital