Coñece as apps que reducen a contaminación, a obsolescencia programada e o consumo de combustible

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓNCDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
TAMÉN DISPOÑIBLE EN LIÑA POR STREAMING
                                         

Estas aplicacións van dirixidas a todas as persoas usuarias de coches, principalmente a talleres e persoas con inquietudes ambientais, profesorado e alumnado de Formación Profesional e universitario sensibles aos avances de investigación e desenvolvemento.

Coas aplicacións de Autoxuga as persoas usuarias de automóbiles conseguen aforrar en combustible, diminuír os gastos en talleres, reducir a contaminación, prolongar a vida útil dos coches e aumentar a súa fiabilidade.

Para poder inscribirse na actividade é necesario darse de alta como usuario na web do CDTIC, para poder facelo prema aquí.

 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación de adaptadores e aplicacións que converten o smartphone nun equipo de diagnóstico de taller
  • Funcionamento das aplicacións, coa demostración en tempo real de lugares do mundo onde se realiza o diagnóstico dos coches
  • APPS + adaptadores que realizan o diagnóstico nos coches e problemas que poden eliminar
  • Adaptadores de Autoxuga que evitan danos nas centrais dos coches
  • Explicación e demostración practica do funcionamento das aplicacións
  • Cálculos técnicos que realizan as aplicacións para reducir a contaminación e aforrar en combustible e talleres
  • Aplicacións que reducen a obsolescencia programada, prolongando así a vida útil dos coches
  • Rolda de preguntas

IMPARTE:

Autoxuga
Empresa española que elabora desde hai máis de 25 anos programas informáticos de xestión, recambios, contabilidade, técnica. Fabrica equipos de diagnóstico multimarca e tamén adaptadores OBD, e programa aplicacións de Android para que a clientela poida facer a valoración dos seus coches sen acudir ao taller. Consegue diminuír o consumo de combustible dos automóbiles, reducir a contaminación liberada ao medio e a obsolescencia programada, prolongando así a vida útil dos coches.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital