#DemosXweb: Control horario, xeolocalización e rendibilidade dos operarios

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

SESIÓN EXCLUSIVAMENTE POR STREAMING

O obxectivo da sesión é informar a responsables de empresas e ás persoas traballadoras no só da fichaxe das entradas e as saídas no seu posto de traballo, senón da fichaxe a distancia (teletraballo), así como de comerciais e persoal temporal e tamén para o caso de xornadas especiais de transportistas por estrada, mariña mercante, aviación e ferroviarios.
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Control de entradas e saídas
  • Xeolocalización de cada fichaxe
  • Custos fixos e variables de cada operaria/o
  • Explicación detallada das nóminas
  • Repercusión da man de obra indirecta sobre a directa
  • Influencia dos custos de persoal sobre a facturación
  • Relación entre facturación ano anterior vs. ano en curso
  • Facturación diaria de cada operaria/o
  • Rendibilidade de cada traballador/a
  • Información para o empresariado dos resultados da empresa
  • Visionado diario do facturado sobre os custos de cada operaria/o
  • Rendibilidade vs. rendemento
  • Valor de uso vs. valor de cambio

ORGANIZA E IMPARTE:

Autoxuga
Empresa española que elabora, desde hai máis de 25 anos, programas informáticos de xestión, recambios, contabilidade e técnica. Fabrica equipos de diagnóstico multimarca e tamén adaptadores OBD, e programa aplicacións de Android para que a clientela poida facer a valoración dos seus coches sen acudir ao taller. Os programas de Autoxuga proporcionan un  valor engadido para as empresas.
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital