09 Agosto 2018
O CDTIC acollerá unha xornada informativa de Red.es sobre o Programa de Axudas "Asesores Dixitais"

O Ministerio de Economía e Empresa a través da Secretaría de Estado para o Avance Dixital, desenvolve accións de apoio mediante programas de axudas co fin de continuar o seu obxectivo de impulsar iniciativas no ámbito dos contidos dixitais, o comercio electrónico e as infraestruturas tecnolóxicas e facilitar así a implantación das mesmas nas pemes e autónomos.

Con motivo de achegar máis información sobre un destes programas, Red.es en colaboración coa Amtega celebrará o vindeiro 27 de setembro ás 16h nas instalacións do CDTIC en Santiago unha xornada informativa sobre o Programa de Axudas "Asesores Dixitais", dirixida ás pemes ou autónomos que queran acometer unha Transformación Dixital do seu negocio. Nesta xornada exporanse os aspectos claves da iniciativa e haberá unha quenda de preguntas para resolver as dúbidas que poidan xurdir ao público asistente.

Para inscribirse nesta xornada prema na seguinte ligazónhttp://bit.ly/2KHoaKW

 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital