Seminario Práctico: Solicitude para formar parte do Rexistro de Asesores TIC de Red.es

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Prazas esgotadas!

 
Para contarlle todos os detalles deste programa, organizamos esta xornada informativa, na que, ademais de presentar o programa, se realizará, a modo de exemplo práctico, unha solicitude para formar parte do Rexistro de Asesores Dixitais, facendo énfase na documentación admisible para a acreditación dos requisitos da invitación 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

O programa de Asesores Dixitais é unha iniciativa que lles permitirá ás pemes dispoñer dun asesoramento individualizado no seu proceso de transformación dixital.
 
Este servizo concretarase na realización, por parte de axentes especializados (asesores dixitais), dun plan de dixitalización para a incorporación das TIC nos seus procesos (xestión do negocio, relación con terceiros, comercio electrónico, dixitalización de servizos e solucións).
 
Para a posta en marcha deste programa habilitarase proximamente unha convocatoria de axudas de ata 5000 euros por peme.

  • Presentación do programa de Asesores Dixitais 
  • Caso práctico: solicitude para formar parte do Rexistro de Asesores
  • Dúbidas

ORGANIZA:

Red.es
Red.es é unha entidade pública empresarial do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.
 
Desenvolve programas de impulso da economía dixital, a innovación, o emprendemento, a formación para xente nova e profesionais e o apoio á peme mediante o fomento dun uso eficiente e intensivo das tecnoloxías da información e a comunicación (TI).
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital