Taiga é unha plataforma de libre e de código aberto para a xestión de proxectos áxiles. Xa sexas desenvolvedor, deseñador ou xestor de proxectos, Taiga está pensada para ser o fundamento no que xestionar e colaborar en proxectos áxiles baseados principalmente en metodoloxía Scrum, Kanban ou Epics.
Como funcionalidades que compre destacar:
- Xestión de tickets/issues para levar conta das melloras que precisan os proxectos.
- Wiki, para ter un espazo no que manter o proxecto correctamente documentado.
- Tarefas. Actividades que se precisan para acadar un fito.
- Videoconferencia
-
Integración con redes sociais e outras aplicacións corporativas
- Slack
- GitHub
- GitLab
- Bitbucket
Así mesmo, se xa se conta con unha ferramenta similar e se desexa facer unha migración a Taiga, este ofrece, de xeito integrado, mecanismos para que poidamos importar os nosos proxectos dende Trello, Jira, Asana, Github.
Distribuído baixo a licenza Affero GPL, está baseada nas tecnoloxías AngularJS, empregado na capa de cara aos usuarios, e no framework Django, para xestionar a parte do backend.
Para solicitar as túas claves de acceso a Taiga, accede ao teu Espazo Empresa e Profesionais.