CDTIC Virtual: Aplicacións na nube

FacturaScripts
FacturaScripts é un software de planificación de recursos empresariais (EPR) e de administración da relación cos clientes (CRM) open source, licenciado baixo a LGPL, pensado para as PEMES, autónomos ou asociacións.
 
FacturaScripts ten a capacidade de, segundo estamos a crear unha factura ou albarán, engadir clientes ao noso listín, productos no noso catálogo e mesmo xerar asentos contables. Prezos de custe e de venta son tamén calculados no momento sen que o usuario se teña que preocupar. Ten tamén a capacidade de xerar presupostos que posteriormente se poden convertir en pedidos, albaráns e/ou facturas.
 
Entre as características mais salientables:
  • Xestión de clientes
  • Creación de facturas e albaráns
  • Catálogo de produtos
  • Presupostos
  • Xeración automáticas de asentos contables
Accesible
 
Debido a que é accesible mediante unha web, as usuarias terán acceso aos datos, así como plena capacidade de xestión dende calquera dispositivo con acceso a Internet e un navegador web.
 
Catálogo de plugins e actualizacións
 
A comunidade arredor de FacturaScripts é moi activa. Isto tradúcese en actualizacións e melloras case constantes, así como tamén nun grande catálogo de plugins que melloran e amplían as capacidades do núcleo principal do software. Servizos, remesas bancarias, automoción, veterinaria, conectores con outros software de compra e venda como PrestaShop ou WooCommerce, etc.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 14 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores