CDTIC Virtual: Aplicacións na nube

Zabbix, solución de monitorización de redes

Zabbix é unha ferramenta de software libre para monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede interna dunha organización, como os que se teñan dispoñibles a través de Internet. Entre as súas características destacan:

  • Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
  • Permite obter estadísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
  • Permite monitorizar servizos a través de protocolos como SNMP, TCP, ICMP ou SSH e telnet.

Zabbix está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL.

Video: Videtitorial da sesión de Zabbix impartida por Muutech.

Casos de éxito: Horgalín e Hijos de Rivera

 

Máis información: https://www.mancomun.gal/artigo-tic/zabbix-solucion-para-monitorizacion-con-software-libre/

Para solicitar as túas claves de acceso a Zabbix, accede ao teu Espazo Empresa e Profesionais.
 
 
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital