CDTIC Virtual: Aplicacións na nube

Tenda en liña con WordPress

Wordpress é un sistema de xestión de contido orientado inicialmente á creación de blogs. Trátase dunha ferramenta de código aberto e libre distribución, empregada na actualidade para o funcionamento de máis de 60 millóns de blogs de diferente índole. Wordpress destaca pola súa simpleza, fácil manexo e por ser mantido por unha comunidade de voluntarios que contribúen con milleiros de plugins e temas para personalizar webs de calquera xeito imaxinable.

Algo máis que un blog

O demostrador de Wordpress do CDTIC conta ademais co o engadido adicional de ter precargado o plugin WooCommerce. Esta extensión permite a transformación de Wordpress nunha tenda de comercio electrónico

WooCommerce é unha ferramenta ideal para tendas cun catálogo pequeno o que a converte nunha opción moito máis eficaz e funcional que outras alternativas no mercado para este tipo de tendas.

CDTIC Virtual presenta un demostrador de Wordpress previamente poboado cun catálogo de mostra, concretamente un catálogo de roupa xa plenamente configurado que permite dende un primeiro instante explorar as posibilidades reais deste produto.

Máis información sobre a ferramenta Wordpress en: https://wordpress.org/

 

Para solicitar este servizo acceda ao seu Espazo Privado.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital