CDTIC Virtual: Aplicacións na nube

Alfresco - Xestor de contidos empresarial

Alfresco é un Xestor de Contidos Empresarial (ECM) que entre outras funcionalidades inclúe unha completa solución de Xestión Documental que automatiza a captura, xestión, almacenamento e preservación de contidos e documentos dixitais relacionados cos procesos da organización. Todo elo a través dun navegador web e unha interface amigable e intuitiva. Trátase da solución de xestión documental líder do mercado en software libre coas seguintes características:

 
  • Xestión documental.
  • Colaboración ampliada na empresa. 
  • Goberno da información. 
  • Xestión de procesos. 
 
Adaptación a súa empresa
 
Alfresco ofrece un completo conxunto de características e un paquete transparente e sinxelo que permite axilizar os fluxos de traballo co extra engadido de ser unha plataforma de código e estándares abertos. Alfresco permite o control da documentación e os seus procesos relacionados mellorando os seguintes puntos:
  • A organización e consolidación do contido para mellorar a produtividade e manter o control da información corporativa que aporte valor. 
  • Compartir a información coas persoas de dentro e fora da organización, incluídos os socios e clientes.
  • Favorecer o cumprimento de normativas coa xestión de documentos de arquivo integrada á perfección de principio a fin. 
  • Automatizando e optimizando os procesos empresariais críticos, como a tramitación de facturas e as aprobacións de gastos. 
 
Máis información sobre a ferramenta Alfresco en: https://www.alfresco.com
 
Para solicitar acceso a este servizo acceda ao seu Espazo Usuario.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital