CDTIC Virtual: Aplicacións na nube

Odoo

Odoo é un sistema de código aberto de xestión empresarial ERP (Entreprise Resource Planning nas súas siglas en Inglés). Destaca por ser un ERP moi sinxelo pero tamén moi potente e altamente personalizable e adaptable grazas á grande cantidade de módulos dispoñibles, que poden ser integrados como plugins.

Algúns dos módulos máis destacables que trae por defecto son:

  • Xestión de compravenda
  • Xestión de proxectos
  • Xestión de almacéns e inventario
  • Contabilidade analítica e financeira
  • Xestión de recursos humanos
  • Campañas de mercadotecnia

Odoo é una ferramenta que permite a súa utilización mediante unha interface web o que permite a súa execución como un servizo na nube.

Adaptación a súa empresa

A cantidade de módulos dispoñibles e as capacidades de personalización de Odoo, fan que este poida ser adaptado segundo as necesidades do tipo de empresa. Así, o tipo de ferramentas necesarias para a xestión dunha empresa de produción son diferentes as de unha empresa de distribución por exemplo.

Tendo en conta isto, o CDTIC Virtual ofrece dúas configuracións de Odoo diferentes. Unha orientada a empresas de produción, baseada en OdooMRP e configurada especificamente para a xestión dos procesos de fabricación. Por outra banda ofrécese outra solución cunha configuración orientada a empresas de Compra-Venta que inclúe módulos de TPV ou e-commerce.

Máis información sobre a ferramenta Odoo en: https://www.odoo.com

 

Sesións Demostradoras de Odoo:

 

Para solicitar as túas claves de acceso a Odoo, accede ao teu Espazo Empresa e Profesionais.

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
1 + 4 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores