CDTIC Virtual: Aplicacións na nube

Nextcloud, servizo de almacenamento e compartición de ficheiros na nube

Nextcloud é un dos máis populares aplicativos de creación de nubes persoais ou privadas; é dicir, é unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube, unha alternativa a servizos como Dropbox ou Google Drive. Esta solución naceu en Abril do 2016 como unha bifurcación de OwnCloud liderada polo creador orixinal do mesmo deixando así a empresa que creara 6 anos atrás. O seu obxectivo era que o proxecto fóse máis aberto á comunidade. Dende entón ten evolucionado e presenta pequenas diferencias con respecto á solución OwnCloud e ten unha ampla comunidade de desenvolvedores que o avalan.

Entre as funcionalidades de Nextcloud destacan:

  • Sincronización de arquivos entre divAlmacenamento compartido de ficheiros na nube.
  • Calendario compartido.
  • Capacidade de edición colaborativa en liña de documentos.
  • Xestión de contactos.
  • Control de cambios: leva un rexistro dos cambios realizados nos ficheiros polos distintos usuarios.
  • Visor de documentos: visualización de ficheiros en formato estándar aberto OpenDocument dende a interface de Nextcloud.
  • Cartafoles públicos: posibilidade de compartir un cartafol publicamente con usuarios non rexistrados no servidor de Nextcloud.
  • ...

Nextcloud é software libre, dispón de aplicacións de cliente multiplataforma (GNU/Linux, Mac OsX, Windows) así como clientes para dispositivos Android ou iOS e está dispoñible integramente en galego.

Maior seguridade e control dos datos da empresa

Unha das vantaxes principais, fronte a outros servizos como Dropbox ou Google Drive, é que con esta solución a empresa mantén o control e a seguridade dos seus datos, o que fai máis doado garantir o cumprimento da Lei de protección de datos.

Con Nextcloud a empresa dispón do seu propio servizo onde almacenar, controlar e sincronizar os seus ficheiros entre múltiples dispositivos e compartilos cos seus compañeiros de traballo, clientes, amigos... e todo baixo os seus propios criterios de privacidade, seguridade, políticas de uso, seguimento etc. Desta forma, non se está a ceder o control dos ficheiros e os datos persoais a grandes organizacións cos seus particulares termos de servizo, os seus intereses comerciais e mesmo estar suxeitos á “Patriot Act”, pola que as autoridades dos Estados Unidos poderían solicitar acceder aos datos.

Máis información en: https://nextcloud.com/

Videotitorial de OwnCloud (válido tamén para Nextcloud): https://cdtic.xunta.es/videoteca/4570

 
Para solicitar as túas claves de acceso a Nextcloud, accede ao teu Espazo Empresa e Profesionais.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
3 + 11 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores